A semente do xadrez tamén prendeu en Camariñas
Con alegría relatamos o auxe do mundo do xadrez na Costa da Morte. Despois de anos de verdadeiro crecemento gracias ao incansable labor do Club Xadrez Cabo Touriñán, que ademais de ser o auténtico motor do Circuito Provincial de Xadrez, ten traído aos mellores xogadores do mundo á comarca, Camariñas ponse na roda deste fantástico deporte. Faino a través do Xadrez Náutico-Camariñas que inicia por tanto a súa andadura con toda a forza do mundo para poder representar a Camariñas e o Club Náutico e dar unha oportunidade aos máis pequeniños/as para coñecer e disfrutar do apaixoante mundo do xadrez.
Así, xa ten preparada a programación establecida para este ano 2019, despois da visita efectuada polo Maestro FIDE, árbitro e organizador, Óscar de Prado Rodríguez, este mesmo sábado, 5 de xaneiro, e onde poido charlar e dar unhas primeiras leccións cos rapaciños/as así como indicar unhas pautas das clases aos coordinadores da actividade, como Alberto Luaces.
As clases de todas as semanas
As clases para os rapaciños/as e adultos terán lugar dous días a semana, e comenzarán esta mesma semana despois de Reis. Procederase a inscrición da sección de Xadrez do Club Náutico de Camariñas na Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) co nome de Xadrez Náutico- Camariñas e onde tamén federarán aos primeiros xogadores/as do Club.
Todos os rapaciños/as que o desexen así como adultos, poden integrarse nesta sección de Xadrez, sendo gratuita para socios/as e fillos/as e netos/as de socios/as, e para os que non sexan socios/as ou non teñan pais, nais ou avós como socios/as, só teran que abonar unha cuota de 10 € /mes.