Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta proponlle ao concello de Camariñas desviar a estrada de Arou para evitar problemas nos temporais

A Xunta proponlle ao concello de Camariñas desviar a estrada de Arou para evitar problemas nos temporais
De como quedaron as estradas tralo remporal Becky en Arou saben ben os veciños da zona. E para evitar consecuencias en vindeiros temporais, Portos de Galicia decidiu propoñer ao concello de Camariñas a que estima a solución definitiva ao deterioro recurrente da estrada entre o Porto de Arou e Camelle, que discorre en contacto coa praia do primeiro. A proposta do ente público pasa polo traslado do viario cara ao interior, afastándoo prudentemente da zona de maior impacto pola acción da ondaxe e os temporais, a franxa na que se ubica actualmente. A obra plantexada dende a Administración autonómica comprende, ademais do novo trazado da estrada, a execución de traballos complementarios aos da rede viaria, como serían a recollida de augas pluviais e o desaugue das augas acumuladas nas fincas colindantes. No traballo de campo para a avaliación da conveniencia de cada posibilidade, descartáronse outras opcións polo seu forte impacto ambiental. Así rexeitouse a alternativa de crear un muro de formigón que contivese a acción da ondaxe, ao igual que a de construír unha escollera, por considerarse ambas opcións pouco respectuosas co medioambiente. Portos de Galicia considera que o desvío do tráfico rodado, a través dunha variante, supón a solución de maior sostibilidade ambiental, ademais de ser viable económica e tecnicamente, dado as boas condicións que, para elo, ofrece o terreo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.

Comentarios