A Xunta retira 136 toneladas de patacas de Muxía e tramita 7 expedientes sancionadores
Pouco máis dun mes dende que Medio Rural comezaba a retirar patacas, e xa son un total de 136.098 quilos de pataca dentro da zona infestada do concello de Muxía, entre as 656 zonas de cultivo do tubérculo das que deu conta a Xunta.
A Xunta informou ademais que se tramitaron 7 expedientes sancionadores na zona por incumprir as normas decretadas para o control da praga e recalcou que a lei estatal de sanidade vexetal recolle multas de entre 3.001 e 120.000 euros para as infraccións graves por este motivo.
A alerta mantense na zona tampón, establecida en varios quilómetros arredor de Muxía nos concellos de Camariñas, Vimianzo, Dumbría, Cee e Fisterra, onde houbo 1.229 declaracións de cultivo e existencias.
Trampeo
En canto ao dispositivo de trampeo, nos seis concellos das zonas infestada e tampón despregáronse un total de 96 trampas en campo. Só se capturaron individuos en Muxía (en 18 das 68 trampas instaladas, é dicir, nun 26%).
Controis
Sobre o operativo de controis do transporte de patacas en estradas, Belén do Campo indicou que entre os anos 2017 e 2018 houbo 190 controis na provincia da Coruña, en colaboración coa Policía Autonómica, e que estes dispositivos vanse reforzar no futuro na comarca de Bergantiños.
Indemnizacións
Con respecto ás solicitudes de indemnización, dixo que o prazo para presentalas remata o vindeiro 30 de setembro e a día 4 de xuño recibíronse na consellería un total de 447 peticións de particulares, e que se van axilizar ao máximo os pagamentos.
Novas da couza da pataca
- 07-05-18: 52.000kg de pataca destruída en Muxía ante as críticas do PSdG.
- 27-04-18: En Marea e o goberno de Vimianzo critican as actuacións da Xunta ante a praga da pataca.
- 26-04-18: O PSdG alerta aos concellos da zona tapón da couza ante a resposta “caótica” da Xunta
- 22-04-18: A Xunta comeza a recoller as patacas de Muxía e a informar na zona tapón.
- 20-04-18: O PSdG lamenta o veto do PP á investigación sobre a causa da chegada a Muxía da couza da pataca.
- 12-04-18: Medio Rural constata que non se localizaron máis puntos infestados pola praga da pataca.
- Novas charlas informativas na zona tapón da couza da pataca
- Cee tamén bota patacas.
- A Xunta, que xa retirou 3.700kg de pataca en Muxía, informa aos alcaldes da zona tapón.
- Vimianzo xa se move ante a ameaza da couza da pataca.
- Marzo 2018: Muxía, primeiro concello da Costa da Morte afectado pola couza guatemalteca da pataca.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).