A Xunta segue perfilando a Guía da Saúde de percebeiras, redeiras e mariscadoras
Hai un par de semanas viamos como a Xunta fixábase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector. E a Consellería de Traballo e Benestar segue a traballar nesta guía de vixilancia da saúde dirixida a percebeiros, mariscadoras e redeiras.
Así o avanzou o pasado venres en Malpica a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, na presentación doutro documento dirixido a percebeiros sobre boas prácticas laborais. Esta última publicación foi realizada pola Asociación Mar Seguro, o servizo de prevención mancomunado de pesca de baixura que depende da Federación Galega de Confrarías, e financiada polo departamento autonómico.
Sobre a guía que está a elaborar o ISSGA, destacou que "a súa redacción estase a ultimar, unha vez feitos os recoñecementos médicos aos percebeiros, mariscadoras e redeiras".
Sobre os percebeiros, concretou que se realizaron 74 recoñecementos médicos a traballadores e traballadoras de Coruña, Lugo e Pontevedra, en concreto, pertencentes ás confrarías de Camelle, Corme, Laxe, Ribadeo, San Cibrao, O Vicedo e A Guarda.
Novas relacionadas
- A Xunta fíxase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector.
- A crise na pesca de baixura: Máis gastos e menos ingresos.
- A profesión de redeira ten futuro.
- O mar chega á biblioteca escolar.
Fonte
- Nota de prensa de Xunta.