Luns. 29.04.2024
El tiempo

Activada a prealerta por seca tamén na bacia do rio Grande

230823-InfrastrctrasEMbilidde-Gnzlo-4
Activada a prealerta por seca tamén na bacia do rio Grande

Ao igual que pasou hai unhas semanas coa bacia do Anllóns, a Xunta vén de activar a prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Grande, en Camariñas .

A situación de prealerta por escaseza implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveles de ríos, encoros e acuíferos da demarcación Galicia-Costa, así como das posibles incidencias que se detecten.

O Goberno galego reitera aos concellos a necesidade de adoptar as medidas que consideren oportunas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga que se realicen no seu municipio.
Cómpre levar a cabo un consumo responsable da auga, evitando malgastala a través da restrición de regas, a limitación do enchido de piscinas ou a reutilización da auga sempre que sexa posible.

O resto dos sistemas de abastecemento da demarcación Galicia-Costa presentan niveis de normalidade, cunha ocupación actual dos encoros do 75,05%, 2,05 puntos por enriba do rexistro do mesmo período en 2022.

A Oficina Técnica da Seca acorda manter tamén a situación de prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Anllóns, río Mero, Arteixo e ría da Coruña

Comentarios