Apem normaliza a diferencia entre os alumnos da Ponte do Porto


Seguen as entidades da bisbarra achegando a diversidade funcional aos máis novos, o mellor xeito para normalizar a diferencia. Vemos iniciativas como a Diversiescola de Íntegro, os partidos de APEM cos centros de ensino ou as visitas técnicas dos usuarios de Aspadex.
Visitas fundamentais, como recoñecen usuarios e profesionais, que destacan a importancia de labores de concienciación coma esta para poder desterrar varias crenzas erróneas que xiran en torno a eles, como que son “retrasados mentais” ou “o mito do enfermo mental coma unha persoa violenta”.
Hoxe quedamos coa Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) de Cee, que recibiu antonte a visita dos alumnos de 4º de ESO do IES Pedra da Aguia, de Ponte do Porto.
O intercambio tivo lugar un mes despois de que as psicólogas do centro fosen a impartir unha charla de sensibilización enmarcada dentro da campaña Mentalízate aos seus compañeiros de 3º da ESO. Parece que lles gustou tanto a alumnos e profesores, que non quixeron perder a oportunidade de coñecelo centro. Alí puideron ver tódalas instalacións e servizos que ofrece a asociación, así como falar cara a cara cos usuarios, que lles contaron as súas experiencias e emocionaron a máis de un.
Así, dase un paso máis de cara a integración deste colectivo, que continúa sendo un gran descoñecido para a sociedade.
Novas relacionadas
- O fútbol tamén integra.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- APEM mentaliza aos escolares.
- Os usuarios de Aspadex fanse mecánicos co FP do IES Fernando Blanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).