Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Aprendendo o uso responsable da auga dende a escola

Dia da Auga no CEIP POnte do Porto
Aprendendo o uso responsable da auga dende a escola

O CEIP Ponte do Porto de Camariñas acolleu esta pasada semana, co gallo do Día Mundial da Auga, un taller uso responsable da auga e nas boas prácticas para evitar a contaminación, impartido pola Xunta. Uns talleres que pretenden aumentar a sensibilización ambiental entre os máis novos, fomentando a adquisición de coñecementos relativos á contaminación e á depuración das augas residuais urbanas.

O alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da auga para a vida e a necesidade de protexela, así como o funcionamento e características dunha depuradora. Estes temas trasladáronse a través de presentacións didácticas e visuais, vídeos ou animacións co fin de acadar unha aprendizaxe doada e entretida.
O taller tamén incluíu unha práctica de descontaminación da auga, que consistiu na creación de auga residual nuns recipientes e no simulado posterior dos elementos dunha planta real: filtración, rascado superficial, decantación, aspiración, axitación e aireación.

Dia da Auga no CEIP POnte do Porto 2

Comentarios