mércores. 13.05.2026
El tiempo

Melania e Alexandra, as que mellor evocan os 40 anos de adhesión á UE

Melania e Alexandra do IES pedra da Aguia premio europa
Melania e Alexandra co cartel premiado
Melania e Alexandra, as que mellor evocan os 40 anos de adhesión á UE

Segue sendo o IES Pedra da Aguia o que mellor achega a realidade europea ao seu alumnado. Desta volta dúas alumnas veñen de gañar un concurso de debuxo lanzado pola Direción Xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública co gallo do Día de Europa, que se celebrou o pasado 9 de maio.

Alexandra Carlín e Melania Lens, de 4º da ESO, foron as que mellor recolleron nun cartel o obxectivo de fomentar a comunicación e a difusión sobre a Unión Europea e os fondos europeos nos centros educativos de Galicia, tendo en conta que en 2026 se cumpren 40 anos da adhesión de España á Unión Europea, e que durante todo ese tempo recibimos unha gran cantidade de diñeiro dos fondos comunitarios para modernizar Galicia.

O cartel, no que se premiaba a orixinalidade e a creatividade, ten como lema “Europa en Galicia, futuro en marcha” representa a unha muchacha, Galicia, vestida coas bandeiras europeas  sostendo o corazón de Europa, acompañada dun polbo facendo encaixe, nun claro guiño ao patrimonio da zona, e nunha contorna con referencias ao desenvolvemento galego en materia de renovables e de infraestruturas como o tren de alta velocidade, sen olvidar a conexión do mar con Galicia e a monumentos tan emblemáticos como a catedral de Santiago e a Torre de Hércules.

Un excelente traballo merecedor do primeiro premio que será entregado este mércores 13 en Santiago, no Museo de Arte Contemporáneo de Galicia. Neste acto, ao que están invitados todos os seus compañeiros de 4º da ESO, faráselles entrega dun diploma, e dun cheque regalo de 100 euros a cada unha das dúas componentes para investir en material didáctico, deportivo ou tecnolóxico. Ademais, o seu traballo publicarase na web da Xunta de Galicia e formará parte dunha exposición, xunto co resto de carteis premiados, que terá lugar na sede da Xunta de Galicia e nas sedes das xefaturas territoriais. Igualmente, o traballo incorpórarase a unha mostra que se exhibirá en centros educativos.

Alexandra e Melania continúan, polo tanto, mantendo a tradición do Centro, que xa no pasado gañou concursos a nivel galego e a nivel nacional sobre a Unión Europea.

Ambas serán as protagonistas do pódcast que mañá martes 12 faremos para Radio Aguia (visible na web do Centro), onde explicarán polo miúdo como fixeron o cartel.

Entrevista. no podcast do IES Pedra da Aguia
O Podcast de Radio Aguia

Máis novas dos centros de ensino

 

Comentarios