Mércores. 13.11.2019
El tiempo

As Nemanquiñas uniron as palilleiras de toda Galicia

As Nemanquiñas uniron as palilleiras de toda Galicia
Xuntanza de Palilleiras de VImianzo 2017 3 555 palilleiras na Xuntanza das Nemanquiñas en VImianzo

Coma sempre foi espectacular a Xuntanza de Palilleiras que organizan as Nemanquiñas en Vimianzo. Xa van 11 anos organizando esta cita que cada vez chega a máis sitios. Desta volta, foron 555 palilleiras as que encheron o pavillon municipal vimiancés. Palilleiras procedentes de todas partes de Galicia (Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Lousame, Cambre, Arteixo, Coirós, Carral, Noia, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Padrón, Corme, León, Ourense, Camariñas e Vimianzo), e tamén de León ou Salamanca, a gran novidade deste ano.

A presidenta Lourdes Lema quedou moi contenta pola acollida desta XI Xuntanza, á que non faltaron as alumnas da Escola Municipal de Palillo, coa súa mestra Mercedes Lema. Tampouco faltaron o Alcalde de Camariñas e Sandra Insua (concelleira do Encaixe), que xunto coa escola de palillo de Camariñas tamén son habituais.

A comida completouse coa presencia de máis dunha ducia de tendas de materiais relacionados co encaixe e co sorteo de agasallos doados polo comercio local.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios