As reclamacións contra as eléctricas e telefónicas copan as queixas dos veciños a Consumo


Claros son os que publica esta semana a Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Camariñas. Confirmamos tamén cos datos da activa OMIC de Santa Comba (dúas das poucas OMIC que temos na bisbarra), e efectivamente, case que o 90% das reclamacións dos veciños en Consumo, son relativas ás eléctricas e ás telefónicas.
Por Camariñas, as reclamacións contra as eléctricas concentraron máis da metade das realizadas na OMIC no ano 2014. Unha oficina que tramitou no ano 2014 un total de 140 reclamacións, a maioria delas realizadas por vecinos e veciñas da parroquia de Camariñas. Son as empresas eléctricas e de telefonía as que concentran case a totalidade das reclamacións dos consumidores. Un 51% foron contra empresas eléctricas e o 32% contra as telefónicas.
Interesante tamén o dato de que do total de reclamacións tramitadas o 24% foron resoltas favorablemente, aínda que esta porcentaxe realmente é maior xa que moitos dos reclamantes non comunican a resolución favorables a esta oficiña.
Hai que reclamar!!