Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Camariñas

Belém Tajes rescata nun novo tema á súa avoa Genara das gravacións de Dorothé Schubarth

Quedou algo agochado polas festas pero o novo tema que vén de lanzar Belem Tajes é algo histórico. A camariñá atopou unhas gravacións realizadas por Dorothé Schubarth en 1979 en Arou, e afondando, decatouse que unha das voces era da súa avoa Genara.

Aquelo convertiuse nunha “viaxe emocional a través do tempo, unha reconexión coas raíces familiares”, e se púxose a traballar “nun experimento ou unha pedrada folclórica”, como relata nunha entrevista en Nós .

Lanza así “Arou 79”, a “miña pequena homenaxe a estas señoras e á raíz da que saen os cantares todos”, un tema cheo de experimentación que encaixa á perfección coa nova onda de música galega contemporánea. O vídeoclip, con imaes familiares, tamén é toda unha xoia etnográfica

Novas relacionadas

NOVAS DE BELEM

Belém Tajes rescata nun novo tema á súa avoa Genara das gravacións de Dorothé Schubarth