Venres. 19.04.2024
El tiempo

BIComún: Reflexionando sobre o noso patrimonio

BIComún: Reflexionando sobre o noso patrimonio
A carpa de BIComun entre os postos do Mercado de Camarinas-Foto- ACC

Moitas reflexións e discusións sobre o patrimonio déronse a pasada fin de semana en Muxía e Camariñas. A carpa BIComún, da xente de Niquelarte, camuflouse durante venres e sábado entre os postos dos mercados muxián e camariñán, para cambiar as propostas gastronómicas por unhas máis patrimoniais.

O venres as reflexións fixéronse en Muxía e o sábado foi na Praza do Mercado de Camariñas pola mañá e na Caseta de Turismo pola tarde. Ao fronte da proposta de reflexión, a antropóloga Guadalupe Jiménez, que recollía as opinión, sentimentos e valores que as pesoas expresaron respecto ao patrimonio de Camariñas. Entre mariñeiros, palilleiras, xente do mercado, nenas, mariscadoras, turistas e paseantes, xeraronse discusións acaloradas e profundas reflexións en torno ao seu patrimonio, ao riquísimo patrimonio común que define a Camariñas e que forma parte da súa identidade.

Esta experiencia foi unha oportunidade para sacar á rúa diferentes bens patrimoniais e para que a xente mostre as súas opinións, que moitas veces non ten oportunidade de amosar. Guadalupe está a procesar os resultados simbólicos da experiencia e quere expresar o seu agradecemento á xente e á súa participación e ao afecto que a maioria do poco amosa cara ao seu patrimonio.

Un fermoso xeito de que os propios veciños reflexionen en alto sobre os nosos tesouros culturais, para decartanos do potencial que ten a nosa bisbarra.

A caseta de turismo foi o enclave de reflexion da tarde en Camarinas con BIComun

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios