Sábado. 22.06.2024
El tiempo

Bluscus ou un empurrón ao Turismo Mariñeiro en Galicia

Bluscus ou un empurrón ao Turismo Mariñeiro en Galicia
Disfrutando do turismo marineiro no Cruceos Fisterra

Canta falta fai darlle un impuslo ao Turismo Mariñeiro en Galicia. Un tremendo potencial o que temos no noso litoral, para servir de nova fonte de ingresos no sector do mar, pero que a pesar das moitas iniciativas públicas para fomentalo, non caba de arrincar. A ver se será iso, que non serven eses programas das administracións que, a base de subvención de turno, poñen a andar un proxecto que morrerá o vindeiro ano por falta de fondos… Un clásico da economía galega.

Unhas das boas experiencia foi desenvolta dende a Reserva dos Miñarzos, pero a pesar dos premios a Turismo Mariñeiro de Lira, a Xunta está deixándoa morrer… A dia de hoxe, a nova ruta das mariscadoras de Camariñas é unha das referencias.

Contra esta lacra, e para potenciar esta clase de turismo, nace Bluscus, a primeira empresa de e-comerce de turismo mariñeiro en Galicia, que nacía hai pouco e que non se prantexa fronteiras. Xa están armando unha serie de actos para darse a coñecer, e cunha política de divulgar e promover a cultura mariñeira. Por agora contan na súa web con unha ducia de produtos, pero teñen en marcha xa 40 experiencias preparadas para comercializar.

Experiencias completas, mariñeiras e gastronómicas, seguindo toda a trazabilidade do peixe, dende que se vai pescar, ata que se degusta.

Son varias as experiencias que ofrecen pola Costa da Morte. Como non podía ser doutro xeito, poderemos disfrutar do paseo pola ría de Corcubión cos Cruceros Fisterra, ou disfrutar tamén do marabilloso crucero ao solpor da fin da terra

A pe tamén ofrecen a Ruta mariñeira por Lira, puidendo escoller tres series: a dos naufraxios, a das mariscadoras ou a ruta do porto, guiadas sempre polas propias mariscadoras lirachas. E seguro que a oferta segue medrando.

Atentos estaremos porque parece que e outro proxecto con denominación de orixe costeira, o blog de viaxes colaborativo, “Equipaxe de man”, están armando algo para este verán na Costa da Morte!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios