Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O BNG de Camariñas convoca unha concentración en defensa da sanidade pública

Cartaz concentración Camariñas
O BNG de Camariñas convoca unha concentración en defensa da sanidade pública

O BNG de Camariñas vén de convocar unha concentración para este martes 25 de xuño,  ás 17,00 horas diante do centro de saúde, para reivindicar unha sanidade pública digna no municipio. Os nacionalistas camariñáns consideran que “a Xunta de Galiza desatende a veciñanza do noso concello deixando aos nenos e nenas sen atención médica, tendo que desprazarse a Vimianzo para realizar consultas”.

A formación nacionalista afirmou “que as nosas crianzas non son de segunda categoría, sofren recortes de servizo constantemente tendo que facerlles desprazarse moitos quilómetros, moitas veces sufrindo dores e tendo que pagar os desprazamentos”. Ademais, salientou que “chegado ao verán non se cobren baixas quedando un so médico que cubrira maña e tarde, diminuíndo a calidade do servizo ao sobresaturar ao persoal médico”.

Comentarios