Domingo. 14.07.2024
El tiempo

O PSOE esixe a cobertura do servizo de pediatría na comarca de Soneira

Patricia Iglesias Zas 210624
Representantes do PSOE da comarca de Soneira coa parlamentaria Patricia Iglesias
O PSOE esixe a cobertura do servizo de pediatría na comarca de Soneira

Patricia Iglesias achegouse onte a Zas para coñecer de primeira man as carencias en materia de pediatría que sofren os Concellos da comarca de Soneira. A parlamentaria socialista esixe goberno galego que garanta “unha atención pediátrica digna e de calidade” aos nenos e nenas de Soneira. Iglesias mantivo un encontro cos pais e nais da Terra de Soneira afectados pola falla de pediatras en Camariñas, Zas e Vimianzo, aos que lles presentou as iniciativas parlamentarias que levará ao Parlamento para reclamarlle á Xunta unha resposta urxente a esta situación.

A responsable socialista urxe ao goberno galego que resolva antes do verán a cobertura das prazas desatendidas. Alertou neste sentido que a pediatra de Zas, que atende aos centros de saúde de Baio e de Zas en días alternos, xubilarase cando rematen as vacacións que está a desfrutar neste momento e que non están a ser cubertas.

Advertiu que malia que o Sergas deu indicacións para que os nenos e nenas se despracen que desprazarse a Camariñas pola mañá e a Vimianzo pola tarde, neste momento o puericultor de Camariñas foi trasladado a Vimianzo logo de que a pediatra daquel centro collera unha baixa de longa duración, polo que este Centro de Saúde atende ao servizo de Pediatría de toda a comarca.

Ademais, o Centro de Saúde de Camariñas leva anos coa praza de Pediatría sen cubrir, e este servizo, que se prestaba tamén tres días á semana en Camariñas e dous días no centro da Ponte do Porto, era exercido por un médico de Familia que posúe un curso de puericultura, “pero non é pediatra”.

Comentarios