Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG de Camariñas pregunta polas obras nos terreos da horta do Cura

Horta do Cura de Camarinas
O BNG de Camariñas pregunta polas obras nos terreos da horta do Cura

Hai movementos ultimamente nos terreos coñecidos como a horta do Cura, arredor d igrexa de San Xurxo. Uns terreos que, segundo o PXOM, só poden destinarse a este uso dotacional. Neste momento na parcela indicada atopase unha construción ao parecer erguida sen a correspondente autorización municipal.

Por esta situación preguntou no último pleno a concelleira do BNG Ilva Carril Martínez. Entendendo que Qante a situación do elevado endebedamento municipal o concello non este na situación de mercar ou expropiar eses terreos", a concelleira quixo preguntar que acontecía con esas obras. O BNG entende que "o arcebispado, propietario da parcela é o responsable da situación e o concello cómplice por omisión da súa labor".

No pleno a alcaldesa, dixo que tomaría medidas para a reposición da legalidade urbanística.
 

Comentarios