Domingo. 24.10.2021
El tiempo

Caamaño reponde ao sector pesqueiro da Costa da Morte

Caamaño reponde ao sector pesqueiro da Costa da Morte
Entrevista FRan Caamaño

Se hoxe estará en Camariñas respondendo ás preguntas dos veciños camariñáns, o pasado venres Francisco Caamaño estreaba campaña e o facía en Malpica. Na xuntanza co sector pesqueiro o candidato do PSOE pola provincia da Coruña, co que falabamos hai un tempo nuha longa conversa esixía apoio para a pesca artesanal dende as administracións.

O candidato socialista lembra que os barcos de pesca artesanal e de baixura representan o 90% da flota galega, pero apenas acceden a axudas europeas. Os socialistas afirman que, "co goberno de Feijoo, a pesca galega perdeu postos de traballo, peso internacional e competitividade, e avogan por facer valer en Europa a enorme importancia social e económica da pesca galega”.

Caamaño, que visitou hoxe a localidade coruñesa de Malpica acompañado da candidata nº 5, Marisol Soneira, reclama "cambios no reparto dos TAC (totais admisibles de capturas) destas especies en Galicia, xa que algunhas delas chegan a augas galegas cando xa están a punto de rematar os seus cupos, o que supón unha clara desventaxa competitiva respecto ás flotas doutras comunidades do Cantábrico".
Considera que “é necesario adecuar a realidade extractiva á realidade sociolaboral das rexións europeas”, e “facer valer en Madrid e Europa a enorme importancia social e económica da pesca galega”.

"Caamaño responde" en Camariñas

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, participará mañá luns, 1 de outubro, en Camariñas, nun acto no que dará resposta ás preguntas que os cidadáns desexen plantexarlle.
O formato, denominado polos socialistas “Caamaño Responde”, xa foi estreado con éxito o pasado venres na Casa da Cultura de Pontedeume.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdeG-PSOE.

comentarios