martes. 10.02.2026
El tiempo

Camariñas abre as inscricións para a súa XIV Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’

Cartel XIV Carreira Pedestre Camariñas
Camariñas abre as inscricións para a súa XIV Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’

O Concello de Camariñas celebrará o 8 de marzo a súa XIV Carreira Pedestre, proba inaugural dunha nova edición do Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición. Pode realizarse en www.correndopolacostadamorte.com .

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través da categoría 3K contra o cancro’ para persoas nacidas no ano 2010 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha ‘Fila 0’ para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:00 horas, coa categoría sub- 12. A categoría sub-10 terá saída ás 10:15 horas; a ‘3k contra o cancro’ ás 10:30 horas; a 10K absoluta ás 11:30 horas, e a categoría Pitufos ás 12:45 horas.

Prazo de inscrición

O prazo para inscribirse no Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’ remata o 3 de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 45 euros. Para inscribirse na carreira, rematará tamén o martes 3 de marzo, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 8 euros, co valor engadido de 1 euro se se quere chip. As inscricións para as categorías base son gratuítas.

Comentarios