Camariñas acende o Nadal e lanza unha campaña para fomentar o consumo local
Pendentes aínda do programa completo do Nadal, Camariñas acende este sábado sábado, 3 de decembro, ás 18:30 horas, o alumeado navidelo. O Concello invita a toda a veciñanza a participar a un acto na Praza do Concello, no que tralo acendido, haberá actuación do Coro Municipal “Brisas do Mar”, animación musical para a rapazada, así como obradoiros de Nadal, ludoteca, photocall, neve e espectáculo de luces, fogos de artificio, chocolate con churros e algodón de azucre.
"Merca e gaña en Camariñas’
O Concello de Camariñas e os comercios agrupados na plataforma MerCamariñas impulsan a campaña ‘Merca e gaña en Camariñas’ con máis de 9.000 euros a repartir entre a clientela dos establecementos participantes.
Do 12 ao 31 de decembro, as persoas que realicen as súas compras nestes espazos recibirán un “rasca” con premios seguros de ata 10 euros de descontos na seguinte compra, que poderá ser de balde por un importe
máximo de 30 euros.
Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias do municipio, inscribíndose antes do 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo á mensaxe de corre electrónico enviada desde a
Administración local.
O abano de posibilidades é moi amplo: desde tendas de calzado, téxtil e complementos, deportes, librarías, floristarías, farmacias, tendas de electrodomésticos ou mesmo de doces.