Mércores. 30.11.2022
El tiempo

A pista de xeo de Vimianzo xa ten data de apertura

Pista de xeo Vimianzo
Imaxe da pista de xeo vimiancés do ano pasado
A pista de xeo de Vimianzo xa ten data de apertura

Se xa hai algún Concello como o de Ponteceso, que trata de emular a Vigo e xa acendeu a iluminación de Nadal, outros esperarán un tempo prudencial para traer as actividades. E unha das máis esperadas da comarca, tralo éxito do ano pasado, é a pista de xeo de Vimianzo, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro.

Ademais, este ano, dende o 14 ata o 22 de decembro o Concello de Vimianzo convidará ao alumnado de Camariñas, Vimianzo e Zas para que poida gozar desta actividade totalmente de balde en horario lectivo.

Na carpa, que estará instalada ata o 8 de xaneiro, será obrigatorio o uso de guantes. Proporcionaranse calzas de plástico desbotables e desinfectaranse os patíns despois de cada uso.

A vila, ademais, espera outra das datas sinaladas de cada Nadal, coa recuperación da Gala Solidaria.

Outras propostas do Nadal

comentarios