Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Fisterra prepara un completo Nadal de Teatro e Obradoiros

CARTEL NADAL 2022 Fisterra
Fisterra prepara un completo Nadal de Teatro e Obradoiros

Pouco a pouco imos vendo as propostas do Nadal para a Costa da Morte. Hoxe coñecemos xa o completo programa de Fisterra, que vive o Nadal na Fin do Camiño.

Xa o venres 2 de decembro ás 20:00h comezan as actividades coa obra “Sen Lingua”, de Serea Teatro. Na mesma liña, “Pestiscos de lingua” de Migallas Teatro estará o sábado 3 ás 12:00h.

Horacio Guillermo Vázquez Ribarola presenta o venres 9 presentando o seu libro sobre exploradores e científicos da marina mercante.

A semana do luns 12, martes 13 e sábado 17 chegan Obradoios de Nadal, para os que hai que inscribirse antes do 2 de decembro no 981 74 00 01 ou en [email protected].

O venres 16 volve o teatro con “Pelos na Lingua”, a mítica obra da compañía costeira Talía Teatro.
Xa o domingo 18a rapazada acodirá ao Salón de Actos para un contacontos con Raquel Queizás e a visita do Apalpador.

O mesmo sábado 24 de decembro cita co Coro Nosa Señora do Carme ma praza da Constitución, e o luns 26, teatro Ris Ras para a rapazada, ás 19:00 no Salón de actos.

Pechará o Nadal a tradicional Cabalgata na xornada do 5 de xaneiro, que rematará coa recepción na praza da Constitución ás 19:00h.

Outras propostas do Nadal

Comentarios