Venres. 22.01.2021
El tiempo

Camariñas analiza a posible afectación dunha senda ao Castro de Lingunde

Imaxes da limpeza do Castro de Lingunde
Imaxes da limpeza do Castro de Lingunde
Camariñas analiza a posible afectación dunha senda ao Castro de Lingunde

En pleno Camiño dos Faros atópase o Castro de Lingunde. Un ben patrimonial algo esquecido, pero que está a supoñer un impedimento para o acondicionamento da senda entre as praias de Area da Vila e Lingunde (cuios paseos marítimos están separados por un saínte). Para desbloquear o proxecto e poder comezar cas obras, o Concello vén de contratar un servizo de arqueoloxía para constatar que a senda non afecta ao castro.

Estes días os operarios municipais están realizando a limpeza do que será o futuro acceso para comprobar que o itinerario proposto non altera natureza do castro. Así en función da reprodución visual analizarán se é necesario facer catas de sondaxe ou a execución dunha escavación nun área dun tramo puntual.

limpeza Castro Lingundelimpeza Castro Lingunde 3

comentarios