Luns. 07.10.2024
El tiempo

Camariñas aproba definitivamente a súa primeira RPT

Casa do Concello de Camarinas
Camariñas aproba definitivamente a súa primeira RPT

O Concello de Camariñas aprobou esta semana definitivamente, en pleno extraordinario e cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP, a Relación de Postos de Traballo (RPT), que nace co consenso dos traballadores e traballadoras municipais e coa que o goberno local pretende cumprir o seu obxectivo de crear unha estrutura municipal eficaz, moderna e que permita racionalizar os recursos públicos.

O documento, que foi acordado cos representantes dos traballadores na Mesa Xeral de Negociación e que contou co informe favorable de Secretaría e Intervención, permite analizar, organizar e describir os recursos humanos da administración local.

Un dos grandes obxectivos que se persigue coa RPT é a funcionarización de determinados postos de traballo ocupados na actualidade por persoal laboral.

Ademais, no documento reordenase a estrutura organizativa do Concello, descríbense as características dos postos de traballo, determínanse os requisitos que se deben cumprir para a ocupación dos mesmos e racionalízase a asignación de complementos retributivos.

Comentarios