Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas apúntase á Ruta de Tapas

Camariñas apúntase á Ruta de Tapas

Non cabe dúbida, alá onde haia zampa, hai éxito. E así o ve o Concello de Camariñas a través da súa Axencia de Desenvolvemento Local, que se une ás propostas gastronómicas que xa prantexan outros concellos como o de Vimianzo.

Unha iniciativa que chega no marco da campaña de Primavera polo comercio local da Asociación de Empresarios de Camariñas, que ten coma lema "A primavera chegou e o comercio de Camariñas sabe como foi".
Como primieira medida, este sábado 28 de abril os comercios adheridos ao programa adornarán os seus establecementos e se engalanan as rúas. Dentro do comercio disporase de descontos do 10% ao 30%, por cada compra participaran nun sorteo de cesta de regalos.

Pero o que seguro que máis presta é a Ruta de tapas. Durante os días 28 de abril, 26 de maio e 30 de xuño os bares As Vegas, Oasis, Vidal, Curbeiro, Playa e Gaviota, terán unhas tapas exquisitas para degustar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios