Camariñas apúntase á Ruta de Tapas
Non cabe dúbida, alá onde haia zampa, hai éxito. E así o ve o Concello de Camariñas a través da súa Axencia de Desenvolvemento Local, que se une ás propostas gastronómicas que xa prantexan outros concellos como o de Vimianzo.
Unha iniciativa que chega no marco da campaña de Primavera polo comercio local da Asociación de Empresarios de Camariñas, que ten coma lema "A primavera chegou e o comercio de Camariñas sabe como foi".
Como primieira medida, este sábado 28 de abril os comercios adheridos ao programa adornarán os seus establecementos e se engalanan as rúas. Dentro do comercio disporase de descontos do 10% ao 30%, por cada compra participaran nun sorteo de cesta de regalos.
Pero o que seguro que máis presta é a Ruta de tapas. Durante os días 28 de abril, 26 de maio e 30 de xuño os bares As Vegas, Oasis, Vidal, Curbeiro, Playa e Gaviota, terán unhas tapas exquisitas para degustar.
Novas relacionadas
- Os empresarios de Camariñas inician unha Campaña de Primavera.
- Vimianzo presenta unha nova proposta gastronómica para primavera.
- O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- Un Clube de Cata de Viños na Costa da Morte. li>As bicicletas de montaña toman Carnota e Camariñas.
Fonte
- Concello de Camariñas.