Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas celebra a homenaxe a Víctor Vigo dándolle o seu nome ao pavillón municipal

Acto pavilon Victor Vigo
Acto pavilon Victor Vigo
Camariñas celebra a homenaxe a Víctor Vigo dándolle o seu nome ao pavillón municipal

Este sábado 28 de decembro, terá lugar o acto de homenaxe epara recoñecer a traxectoria do deportista camariñán Víctor Vigo bautizando co seu nome o pavillón polideportivo que pasará a chamarse ‘Pavillón Municipal Víctor Vigo’. Unha idea que xa partiu do anterior concelleiro de Deportes, José Campaña, e que agora vé a luz neste emotivo acto.

O acto comezará a partir das 11 horas no propio pavillón e estará dirixido polo xornalista Terio Carrera.  A partir das 12:15 horas disputarase un partido entre o ‘Equipo Víctor Vigo’ e o BM Camariñas e, para pechar o acto, as categorías base do club camariñán farán unha exhibición.
Con esta iniciativa o goberno local recoñecerá a traxectoria deportiva de Víctor Vigo ao que califica como “o deportista máis importante nado no Concello de Camariñas na súa historia.

Comentarios