Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Camariñas confirma o apoio da Deputación e espera o da Xunta para o Centro de Día

Reunion da Deputacion polo Centro de Dia de Camarinas
Reunión na Deputación sobre os proxectos de Camariñas
Camariñas confirma o apoio da Deputación e espera o da Xunta para o Centro de Día

Ante a falta de apoio da Xunta, e mentres vilas como Corcubión seguen esperando unha demanda histórica, Camariñas vén de confirmar o apoio da Deputación para licitar o Centro de Día no ano 2020. O presidente da Deputación González Formoso comprometeuse a incluír nos orzamentos da Deputación para o ano 2020 unha partida de 360.000 euros para esta actuación.

Deste xeito e unha vez que o Concello valora os traballos nuns 540.000 euros, tanto Concello como Deputación instan á Xunta de Galicia a sumarse a un proxecto que, recordan, debería ser da súa competencia.

A alcaldesa Sandra Insua aproveitou para amosar o seu descontento coa política da Xunta neste ámbito xa que “mentres que continuamente nega o apoio a Camariñas, si que se compromete a financiar o centro de día noutros municipios”.

Máis proxectos

Tamén estará nos orzamentos provinciais do ano que vén un proxecto para a construción de beirarrúas na entrada de Camelle.

E ademais, estudiaranse tres novos proxectos: a Casa da Cultura de Ponte do Porto, o pavillón de Camelle e a reforma da casa consistorial.

Novas relacionadas

Comentarios