Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas estrea novo servizo de Formación Ambiental e Agrícola

Camariñas estrea novo servizo de Formación Ambiental e Agrícola
Veciñas de Camariñas que participan no programa de Compostaxe Caseira Veciñas de Camariñas que participan no programa de Compostaxe Caseira

Intersantísima e perfectamente exportable ao resto de concellos da volta, a proposta que vén de poñer en marcha o Concello de Camariñas. Un servizo que ademais está financiado polo Plan provincial do Medio Ambiente da Deputación da Coruña, polo que non tería ningún custe municipal. Falamos do Formación Medioambiental que de forma gratuita poderá asesorar aos veciños tratando de mellorar os seus coñecementos na área agraria, medioambiental e da sustentabilidade.

Se precisas axuda coa túa horta, se tes unha praga ou enfermidade nas túas plantas e non sabes como curalas, se tes interese en facer un curso relacionado coa agricultura ou o medio ambiente… Todo estará da man deste novo e pioneiro servizo de atención.

Realizarán cursos para aprender a podar, enxertar ou utilizar alternativas ós produtos fitosanitarios. Ademais, impartirán charlas informativas sobre temas actuais de interese, como pode ser a ameaza da avespa velutina (avespa asiática), outras pragas que se están a expandir no noso territorio (coma o caruncho –polilla- peruana da pataca), reciclar correctamente ou que facer cos trastes vellos dos que nos queremos desfacer.

Vindeiros cursos

Dende o Concello de Camariñas, proximamente realizarán os seguintes cursos:

  • A AVESPA VELUTINA (avespa asiática): que é, de onde vén, que efectos negativos ten sobre o medio ambiente e os riscos que lles supón ás abellas e ó ser humano, ademais de que facer se nos atopamos cun niño.
  • Curso de ENOLOXÍA: aproveita e lúcete nas festas do Nadal co que aprenderás dos viños brancos, tintos, espumosos, bebidas de alta graduación e vinificación especial (vermú, viños finos de Xerez...).
  • Curso de ENXERTO: técnicas para enxertar, patróns, cultivos comúns de enxerto. Aprenderás as técnicas máis comúns de enxerto, os patróns máis utilizados, así coma o uso correcto da ferramenta.
  • Curso de PODA: técnicas de poda, xestión das árbores froiteiras máis comúns e xestión dos restos das podas.

Máis información

Ponte en contacto connosco chamando ó 610.568.051, correo electrónico [email protected], ou pásate polo Casa do Concello, na primeira porta á dereita ao carón da entrada. O horario ata o finais de Febreiro vai ser os Mércores de 9:00 a 14:00 e os Xoves de 9:00 a 11:00. O servizo está financiado polo Plan provincial do Medio Ambiente da Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios