Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas inaugurou a mostra ‘Tralas pegadas de Man’

Expo Tralas Pegadas de Man Camariñas 5
Camariñas inaugurou a mostra ‘Tralas pegadas de Man’

Emotivo evento na tarde de onte, 20 anos e 1 días despois do pasamento de Manfred Gnädinger. O Concello, un día despois da limpeza da contorna da casa do Alemán artellada por Mar de Fábula, inaugurou no Museo Man de Camelle a mostra “Tralas pegadas de Man”, unha exposición co doble obxectivo de renderlle memoria a MAN, é crear unha conciencia ambiental, que se poderá visitar ata 31 de xaneiro de 2023.

A mostra recolle as obras realizadas por Retoque Retro, que compoñen Isabel García, Javier Sernates e Ana Lema, quen lle dan vida a centos de refugallos recollidos nas praias da contorna para convertilas en arte. O presente ano, os autores chegaron a recoller 10.000 bastonciños para os oídos ou 5.000 tapóns.

A alcaldesa, Sandra Insua, abría coas súas verbas o acto inaugural e tras a actuación musical do Coro Municipal Brisas do Mar, lembrando que “Manfred era un profesor que daba clase en Suíza a persoas en risco de exclusión social, e aínda que iso xa nos da unha idea da marabillosa persoa que era, o resto da historia non queda atrás”, enfatizando no “namorado que quedou de Camelle, a onde regresaría para o resto da súa vida nunha casiña de 3 por 2 metros a carón do Atlántico e durmindo o berce das ondas ao bater nas rochas deste lugar da nosa vila”, proseguía a rexedora.

“No quiero seguir viviendo después de ver morir todo lo que yo significo” foi unha das frases que pronunciou a alcaldesa, obra de MAN, tras observar estupefacto o que provocase o afundimento do Prestige na costa camariñana. “Pero deixaches pegada, no pobo e na dos visitantes, que contemplan e contemplamos abraiados e abraiadas o pequenos e pequenas que somos”. Insua rematou subliñando que “grazas ao seu legado, hoxe o Mundo é un lugar un pouquiño máis amable. E non podemos deixar morrer este amor. O amor por un lugar que sempre será seu”.

Posteriormente celebrouse unha mesa redonda na que participaron a propia alcaldesa, Sandra Insua, persoas pertencentes a diferentes asociacións e colectivos como Mar de Fábula ou Retoque Retro, así como persoas que coñeceron a Manfred Gnädinger e que viviron a catástrofe do Prestige de preto. Estivo moderada por Andrea Serodio. Presenciou a xornada o propio sobriño de MAN.

Para finalizar, tivo lugar a ofrenda floral en honra e memoria da figura do Alemán de Camelle, Manfred Gnädinger.

Outras novas de Man de Camelle

Comentarios