Martes. 22.09.2020
El tiempo

Camariñas prohibe crear millardoiros nos espazos naturais

Sinais na zona do Cemiterio dos Ingleses sobre a prohibición de formar milladoiros
Sinais na zona do Cemiterio dos Ingleses sobre a prohibición de formar milladoiros
Camariñas prohibe crear millardoiros nos espazos naturais

Unha desas modas pasaxeiras que afectan directamente á paisaxe, é a creación de milladoiros amontoando pedras. A zona do Cemiterio dos Ingleses xa leva anos sufrindo estas “intervencións”, e o Concello vén de tomar cartas no asunto, e vén de incluir unha serie de sinais que indican a prohibición de amontoar pedras formando milladoiros nos seus espazos naturais.

Con estes carteis instalados no Cemiterio dos Ingleses deixan claro que esta práctica, que pode supoñer sancións de ata 6.000 euros. Esta medida foi unha das conclusións adoptadas polo campo de traballo de voluntariado levado a cabo no verán. Outra das súas decisións foi que os carteis estivesen castelán xa que ‘prohibido amorear pedras’ podería non ser entendido por todos os visitantes, obxectivo desta campaña.

Milladoiros Camariñas

Explican que “os chamados milladoiros son perxudiciais tanto para a flora como para a fauna da zona na que se crean e ademais alteran a paisaxe. Deixan o chan descuberto, exposto ao sol e ás choivas; desprotexen a vexetación litoral do vento e a salinidade; modifican o hábitat da fauna endémica xa que estas pedras crean condicións especiais de temperatura e humidade; alteran o equilibrio ecolóxico dos hábitats litorais de interese comunitario; e deixan unha profunda alteración na paisaxe xa que, por exemplo, as praias de cantos rodados e espazos xeomorfolóxicos de Camariñas formáronse fai 8.200 anos durante unha breve subida do mar polo que é unha parte importante do patrimonio científico e natural”.

Novas relacionadas

comentarios