Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Camariñas promociona en Vigo a 27 edición da mostra do Encaixe

Camariñas promociona en Vigo a 27 edición da mostra do Encaixe
mostra-encaixe-vigo Onte presentouse na casa da Cultura Galega de Vigo a próxima edición da mostra do Encaixe de Camariñas Artistas, representantes institucionais e público en xeral asistiron onte á presentación da XXVII mostra do Encaixe de Camariñas que tivo lugar na casa da Cultura Galega de Vigo. Entre os asistentes estaban o alcalde da cidade - Abel Caballero - e a presidenta da Deputación de Pontevedra - Carmela Silva - quenes mostraron os seu respaldo a esta feira de artesnía que se celebrará entre o 12 e o 16 de abril. A presentación rematou cun desfile de modelos con pezas de encaixe deseñadas pola pontevedresa Teresa González - gañadora do 2º premio no concurso de Xoves Deseñadores do ano pasado - e do vigués Enrique Sendín - 1º premio do 2015 -. No acto non faltou a música da man do gaiteiro Cristian Silva, que tamén o fará nos desfiles do 14 de abril en Camariñas. presentacion-vigo-mostra-encaixe Representantes institucionais e artistas asitiron á presentación da Mostra do Encaixe en Vigo Pola súa banda, o alcalde de Camariñas - Manuel Alonso de León - e a concelleira delegada da Mostra do Encaixe - Sandra Ínsua - eloxiaron o traballo das palilleiras que fan posible un evento destas características e que converten a Camariñas na capital do encaixe por excelencia. Ínsua sinalou que o alumnado da escola municipal de palillo son "o futuro" desta artesanía e de aí a importancia de seguir apostando por ela. "Un futuro que debemos coidar, que debemos fomentar e no que debemos investir", destacou. Durante a presentación en Vigo, Sandra Ínsua enumerou algunhas das novidades da edición deste ano entre as que están a asistencia, por primeira vez, dunha deseñadora xaponesa - Noriko Hashizume, directora da marca Tamanoria - e que traerá á pasarala de Camariñas quimonos con encaixe. A concelleira tamén destacou a ampla representación musical que haberá no certame deste ano con recoñecidos artistas galegos. Precismente, anunciou a actuación da ex vocalista de Luar Na Lubre Rosa Cedrón durante a inauguración da mostra prevista para o día 12 de abril. A presidenta da Deputación pontevedresa tamén eloxiou as características "desta maravillosa Mostra" e animou a asistir ao certamen xa que "Vigo sabe moito de unir o norte e o sur e este acto é unha forma de mostrar a unión entre Vigo e Camariñas, entre o norte e o sur". Mostra 2017 A XXVII mostra do Encaixe de Camariñas inaugurarase o 12 de abril e ademais de Rosa Cedrón están prevista outras actuacións musicais durante os días do evento. Así, pasarán pola vila gaiteiros como Cristian Silva e Óscar Ibáñez, o acordeonista Suso Iglesias, a compañía de performance Pablo Méndez e Andrea Pousa. No apartado de moda acudirán destacados deseñadores do panorama nacional; tales como Modesto Lomba, Esteban Freiría, José Matteo ou Ana Cabranes, entre outros. A gañadora do concurso do ano pasado, Sara Lage, tamén asistirá cunha colección de traxes de noiva.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios