Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas proxecta reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández

Estrada Ramón Noguera en Camarinas
Camariñas proxecta reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández

O pleno de Camariñas aprobará este venres o proxecto de reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández así como a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención nominativa para financiar as obras, valoradas en 128.000 euros.

Os traballos a executar centraranse na pavimentación das rúas citadas. Para isto, aplicarase un novo firme de formigón armado na rúa Ramón Noguera e de aglomerado asfáltico en Irmáns Fernández, material que tamén se usará para o entronque coa Avenida da Coruña.

Previamente á pavimentación procederase á execución dunha rede de saneamento de augas fecais con bombeo co obxectivo de canalizalas á red xeral que conduce á estación depuradora e evitando así que se produzan vertidos ao mar. Paralelamente, instalarase outra rede para a recollida e evacuación de augas pluviais. Finalmente, procederase á ordenación do encontro destas dúas rúas coa Avenida da Coruña.

Na sesión plenaria tamén se tratarán outros puntos como: a aprobación definitiva do Estudo de Detalle para reaxuste de aliñacións no cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o Paseo Marítimo de Camelle, a adhesión ao convenio entre a Xunta e a FEGAMP para a tramitación dos procedementos sancionadores por incumprimento das medidas COVID-19.

Comentarios