Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas quere sumar 200 vivendas ao programa de Compostaxe caseira

compostaxe domestica camariñas (6)
Camariñas quere sumar 200 vivendas ao programa de Compostaxe caseira

Xa funciona a pleno rendemento en concellos como Carballo, A Laracha, Coristanco ou Fisterra. En Camariñas tamén queren continuar co proxecto de Compostaxe caseira que xa ven funcionando nos últimos anos.

Así o vén de anunciar o Concello, que nas próximas semanas realizará unha campaña de información e captación porta a porta polas parroquias. A idea é conseguir que 200 vivendas se unan á implantación da autocompostaxe.

Tamén se creará unha rede de ‘Compostaxe de Camariñas’ para promover a concienciación e intercambio entre ompostadores locais ao través dunha canle de comunicación por telefonía móbil e un encontro anual para a visibilización de boas prácticas locais.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Axencia de Desenvolvemento Local.

Comentarios