Venres. 05.03.2021
El tiempo

Camariñas repartiu máis de 1.600 euros en vales para consumir no comercio local co seu concurso de Entroido

Entroido de Camarinas 2021
Camariñas repartiu máis de 1.600 euros en vales para consumir no comercio local co seu concurso de Entroido

Rematou o divertido e virtual Entroido de Camariñas, que repartiu máis de 1.600 euros en premios, en forma de vales para consumir en establecementos da vila. Os participantes no certame enviaron fotografías dos seus traxes por diante e por detrás ao departamento de Cultura do Concello de Camariñas, que foron valorados por un xurado.

O Premiados foron:

Categoría infantil individual (todos recibirán un vale de 20€)
- Amapola: Xiana Romar Tedín
- Heroína COVID: Candela Santos Lista
- Doutor García, vacinando pola vila: Bruno García Martínez
- Superxenia: Xènia March Rodríguez
- Bellas Arco Iris: María Isabel Quintana Tedín
- La princesa del Reino de Hielo: Chloe Rajoy Canosa
- Pipi Calzas Largas: Lía Ferrín Souto
- Dr. Romero: Eric Romero Rodríguez
- Lobo feroz: Hugo Rodríguez González
- Mimo molón: Sofía Serantes Santos
- Nena Dodot: Alessia Varela Lorenzo.

Categoría adulto individual:
- Terceiro Premio (vale 50€): "Esperando a Donald" de Javier García
- Segundo premio (vale 75€): "Boda Hindú" de Iria Lestón Nemiña
-Primeiro premio (vale 100€): "Velliña panillando porque non hai Desguace" de Lourdes Romar Andrade.

Categoría familiar:
- Terceiro premio (vale 200€): "Familia Bross" representada por Amalia González Ameijenda
- Segundo premio (vale 250€): "Vellas 2.0 en tempos de Covid" representada por Verónica Canosa Carril
- Primeiro Premio (vale 300€): "Familia Oz" representada por Adela Suárez Soto Ademais.

Ademais, recibiron o premio á participación na categoría Familiar (un vale de 15€ por persoa participante no grupo):
- "Os novos Superheroes" representada por Digna María Rodríguez Romar.
- “La familia Coco" representada por Cristina Blanco López
- "Regreso ao futuro" representado por Luis Rodríguez Luaces.
- “Hada de Flor y Señor de los Bosques" representada por Vanessa Camill Lema Cernados.

comentarios