Venres. 04.10.2024
El tiempo

Camariñas sacou con éxito o deporte á rúa

DeporteRúa bici camarinas
Camariñas sacou con éxito o deporte á rúa

Sacar o deporte á rúa é sinónimo de éxito. Así o comprobou a veciñanza de Camariñas, pois foron ducias de nen@s @s que se animaron a participar este domingo no ‘Día do deporte na rúa’. A Praza do Mercado encheuse de familias, e os rapaces e rapazas puideron practicar ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa así como circuítos de seguridade viaria (con patinete, patíns ou bicicleta) e demostracións de primeiros auxilios.

Todos os participantes tiñan unha tarxeta que podían ir selando cada vez que participaban nunha estación, conseguindo un agasallo ao completar a participación en tódolos deportes.

DeporteRúa pinpon camarinas

DeporteRúa Camarinas xadrez

DeporteRúa auxilios rcp

Comentarios