Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas solicita a Educación que doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal

Camariñas solicita a Educación que doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal
Juan Canosa e Sandra Insua nas dependencias de Educación Juan Canosa e Sandra Insua nas dependencias de Educación

Importante visita a que protagonizaron onte a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e os directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto á Coruña. Mantiveron unha reunión co Xefe Territorial de Educación da Xunta, Indalecio Cabana para solicitar diferentes melloras nos centros educativos do municipio.

A máis urxente é a petición de que se doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal debido á saturación que se vive nestes momentos con 26 nenos e nenas no mesmo curso para unha soa aula. O máximo permitido é 25 e o centro carece de auxiliar.

Ademais, trasladáronlle as peticións das ANPA tanto do Areal como do Ponte do Porto, que retomen a substitución gradual de ventás que se suspendeu o pasado ano e que cambien os teitos dos patios cubertos xa que teñen pingueiras.

Por outra banda, Juan Carlos Canosa aproveitou a cita para trasladar diferentes demandas do CEIP de Camelle, como a mellora da calidade WIFI, a substitución dos actuais ordenadores ou que se lles habilite un espazo cuberto para facer Educación Física.

Museo etnográfico na escola unitaria de Xaviña

O Concello solicita tamén desafectación da escola unitaria de Xaviña para que o Concello poda dispoñer dela e tamén que se habilitase a casa do conserje do CEIP Ponte do Porto para que albergue o Museo Etnográfico da Ponte do Porto.

Comentarios