Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas tamén fai máscaras artesanais para a rapazada

Máscaras infantís
Máscaras infantís
Camariñas tamén fai máscaras artesanais para a rapazada
  •  

Na liña das 15.000 máscaras artesanais feitas por ducias de voluntarias a raíz dunha iniciativa do Concello, e distribuidas polo voluntariado de Correos, Camariñas ponse agora á fabricar máscaras infantís artesanais. Dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos, utilizan para a súa fabricación utilizouse material TNT (Tejido No Tejido) de triple capa, aumentando a protección.

Serán de novo máis de 50 voluntarias coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe as creadoras destas máscaras, gracias á doazón de 80 metros de tela TNT e 18.000 alambres pola Floristería Alecrín. As máscaras serán repartidas, a partir da semana que vén a domicilio a través de Protección Civil, aproveitando o reparto de libros e material escolar.

Unha acción pensada xa “para cando se vaian levantando as medidas do confinamento e poidan saír outra vez ás rúas”.

Outros temas da comisión

Ademais, na Comisión douse conta da solicitude municipal a través da FEGAMP da intervención da UME para a limpeza dos centros de saúde.

Material

Tamén informaron de que a Xunta de Galicia entregou 350 máscaras cirúrxicas, 400 luvas de nitrilo, 5 botes de 500 ml. de xel hidroalcohólico, 8 litros de lixivia e 8 traxes antisalpicaduras.

Ademais, a Deputación informou que vai enviar un primeiro reparto ao Concello de 786 máscaras cirúrxicas. E o Concello fixo un pedido para mercar 100 mascarillas FFP2.

Familias necesitadas

A asistente social informou de que polo momento hai 3 solicitudes de familias para que se lles faga entrega de alimentos, que están a ser xestionadas por Protección Civil e Cruz Vermella.

Novas relacionadas

Comentarios