Martes. 13.04.2021
El tiempo

Camariñas urxe a Costas o proxecto do paseo marítimo de Area da Vila para protexer ás vivendas do mar

Vivendas na AreaDaVila
As vivendas da Area da Vila sofren o impacto dos temporais
Camariñas urxe a Costas o proxecto do paseo marítimo de Area da Vila para protexer ás vivendas do mar

Nova reunión do Concello de Camariñas co xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, para amosarlle a súa preocupación polo estado dos edificios da Avenida da Coruña. Xa hai 3 meses celebraran outra reunión esperando que se dera luz verde á redacción dun novo proxecto para executar a 2ª fase do paseo.

Pero o semáforo parece estar en ambar, malia que os últimos temporais aceleraron o proceso de erosión dos taludes, que se atopan en dominio público e dificultan a intervención. Por iso, o Concello vén de encargar a un enxeñeiro industrial e a unha xeóloga unha avaliación do seu estado actual, e non fixeron máis que constatar a erosión.

“A Lei de costas prohibe as actuacións en dominio público terrestre pero para impedir que esas vivendas sufran as consecuencias do cambio climático hai que buscar unha solución e o paseo marítimo creo que é a única”, explicou Sandra Insua.

Rafael Eimil recoñeceu a dificultade da actuación pero comprometeuse a trasladar o asunto e a problemática existente ao Ministerio de Transición Ecolóxica. A rexedora non descarta desprazarse ao Ministerio en Madrid para “transmitir a inquedanza destes veciños”.

comentarios