Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Camariñas estreita lazos coa vila irmá francesa de La Turballe

camarinas-visita-la-tuballe
Un comitiiva de Camariñas está estes días de visita na localidade francesa de La Turballe
Camariñas estreita lazos coa vila irmá francesa de La Turballe

Unha comitiva de Camariñas, encabezada pola alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, está estes días de visita na vila irmá francesa de La Turballe, despois das súas últimas visitas a terras galegas durante o verán.

Camariñas e La Turballe están irmandados desde o ano de 2017 e, dentro dos moitos actos levados conxuntamente entre ambos municipios, este verán desprázaronse a Camariñas, primeiro en bicicleta e logo en barcos de vela para participar nas Festas do Carme, varios veciños e veciñas da localidade francesa.


Así, o Concello de Camariñas decidiu continuar estreitando os lazos que os unen e programou esta visita, na que a comitiva camariñana foi recibida polo alcalde de La Turballe, Didier Cadro, e pola presidenta da Asociación La Turballe Cap Camariñas, Dominique Floch. No acto os representantes franceses entregáronlle aos camariñás un cadro no que se poden apreciar os barcos de vela que estiveron en Camariñas
durante as Festas do Carme e, simbolicamente, o mar que une ambos municipios.

Comentarios