#CamariñasExplora: 20 novas sinalizadas para disfrutar a natureza

O Wikiloc “Camariñas Explora” xa conta 20 rutas sinalizadas para gozar do turismo deportivo. 220 quilómetros de camiños para disfrutar a natureza camariñá, pensadas para diferentes tipos de usuarios e afeccionados de modalidades como o sendeirismo, o running ou o ciclismo.
O traballo complementarase co deseño dun folleto e dun adhesivo que se distribuirá en diferentes localizacións r que incluirá un código QR para poder acceder á aplicación. Ademais, cada ruta contará cunha ficha técnica que incluirá a información necesaria para planificar a actividade seleccionada.
O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca a importancia de desenvolver iniciativas deste estilo “nun contexto como o actual, no que queremos situarnos como un destino seguro e activo e para iso as actividades ao aire libre deben ser o eixo das nosas actuacións”.
Máis información
Outras rutas
- Os 7 Camiños Activos de Cee.
- Acondicionados para sendeirismo 6 km do río Acheiro na Laracha.
- Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Mazaricos presume de Fervenzas.
- “Vieiro Fidalgo”: Berdoias estrea a súa nova ruta sinalizada.
- Vimianzo acondiciona e dá vida á Ruta dos Dolmens.