venres. 08.11.2024
El tiempo

Camelle abre, cunha exposición de maquetas, o programa que lembra os 124 do naufraxio do City of Agra

A familia de Naufraxios Galegos na exposicion de maquetas
A familia de Naufraxios Galegos na exposición
Camelle abre, cunha exposición de maquetas, o programa que lembra os 124 do naufraxio do City of Agra

Veu a luz esta fin de semana “a exposición que vai significar un antes e depois na historia de Camelle”. O meirande programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia arrincou esta fin de semana en Camelle. O Museo de Man acolle xa a exposición “City of Agra: 124 anos na memoria”.

Unha exposición consecuencoa do “inxente traballo nos 3 anos da A.C. Naufraxios Galegos para recuperar un capítulo excepcional e tráxico do noso patrimonio histórico”, como explicaba no discurso de presentación de Fernando Patricio Cortizo. O organizador recoñeceu a labor encomiable do comisario Xurxo Rodríguez Baña, e das incribles creacións de Manolo do Canle (Manuel Suárez Pose), ademis das achegas artísticas e colaboracións de xentes como Jose María de Petrallo, David Rodíguez Bala, José do Ruso, Mariceli Baña Pérez ou Julio da Cantora.

Jose Maria de Petrallo e Manolo da Canle
Jose Maria de Petrallo e Manolo da Canle

As maquetas de Manolo da Canle lévannos por “abraiante viaxe a un dos capítulos máis gloriosos do pasado desta vila mariñeira, que comeza en 1890 cun naufraxio inmortal; segue coa viaxe a través do arte do afundimento do City of Agra en 1897, e remata no 1904, onde nace un mito na prensa da época”.

Patricio lembrou que varios destes naufraxios provocaron que “en Camelle se erguese unha estación de salvamento en 898, que funcionará ininterrumpidamente ata 1965 prestando auxilio aos náufragos e de almacén do rescatado”.

programa, que conta coa colaboración de Andrea Serodio, do propio Jose María de Petrallo, A.V. Pegoliña e Confraría de Camelle proseguirá 15, 16 e 17 de outubro cunha marea de actividades.

Comitiva institucionalCamelle, barco do ferro copia

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios