Esta fin arrinca o programa especial Naufraxios no Camiño da fin da terra coa rutas e as representacións teatrais que nos serven para redescubrir a cultura inmaterial da Costa da Mort vinculada ao mar, aos naufraxios.
A compañía aAntena mantén vivo este proxecto dende 2016 e cada vez cobra máis forza e interese, este ano, coa axuda do Teu Xacobeo.
As funcións son únicas, xa que a historia está adaptada ás traxedias de cada porto por Bernadino Martínez, e baixo a dirección de Xosé Leis convírtense nun espectáculo en "site specific”. A interreptación de Alicia Baña , Andrea Rodríguez, Berni Martínez e Antonio Miranda, coa música de Klaus Martínez, trasládanos a outro tempo.
A primeira función será este sábado 18 ás 21:30h na Praia de Ézaro (Dumbría).
O domingo 19 toca á mesma hora na Praia de Quenxe (Corcubión) .
A vindeira fin de semana as citas serán o sábado 25 na Praia de Gures e o domino 26 na Langosteira (Fisterra).
Ruta dos Naufraxios
Ademais desas funcións, o programa inclúe varias saídas para coñecer os pormenores dos barcos afundidos na ría e no litoral da costa de Camariñas. Un percorrido con inicio e remate na Punta da barca, onde podemos ver os restos pétreos do naufraxio da Virxe da Barca, parando por Cereixo, Faro Vilán, a Enseada de Trece, o cemiterio dos Ingleses ou As Lobeiras en Arou.
As datas serán os días 17, 18, 19, 24, 25, 26 de setembro, e 1, 2 e 3 de outubro, con saída ás 900h e volta ás 13:00h dende o Santuario da Virxe da Barca (Muxía).
Poden reservar as súas entradas en www.naufraxios.com.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 21: aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra.
- Agosto 21: Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses .
- Agosto 21: Volven ás Noites de Naufraxios ao Cemiterio dos Ingleses.
- Novembro 2020: Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra.
- Agosto 2020: As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños.