Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Camelle acolle un coloquio sobre o dano cerebral

Camelle-cartel-charla-FAGADACE copia
Camelle acolle un coloquio sobre o dano cerebral
Camariñas, a través do departamento de Servizos Sociais, ofrecerá o vindeiro mércores 20 de outubro ás 11:00 horas un faladoiro sobre o dano cerebral, en colaboración coa Federación Galega. Será nas Escolas Unitarias de Camelle ás 11:00 horas.

Trataranse as diferentes causas desta doenza, entre as que destacan os ICTUS ou os accidentes de tráfico, da súa prevención e dos modelos de atención e rehabilitación.
Por límite de aforo, rógase ás persoas interesadas que se inscriban previamente antes de acudir á cita. Poden facelo no 981 73 70 04 ou no 653 25 92 82.

Comentarios