Luns. 04.11.2024
El tiempo

Camelle inaugurou o seu singular Museo de Naufraxios

Inauguración do Museo dos Naufraxios de Camelle 2
Grandes persoeiros de Camelle, como son José María de Petrallo, Manolo do Submarino, Jaime da Rata, Juan Carracedo, Manolo do Canle e José do Ruso, aportaron as súas pezas para o Museo
Camelle inaugurou o seu singular Museo de Naufraxios

Emocionante sesión de inauguración a vivida este venres 8 de decembro Camelle. O encontro Mare de Invernía II, artellado pola Asociación Naufraxios Galegos, realizou a inauguración do Museo dos Naufraxios de Camelle, no segundo andar da Casa de Cultura. Moita expectación entre a veciñanza e os amantes da historia salgada do país, que viviron a posta de longo deste espazo expositivo feito “con moito agarimo e sensibilidade, que mestura da colección do City of Agra con outros obxectos da vida e da artesanía local”, explica Fernando Patricio Cortizo.
I é que grandes persoeiros de Camelle, como José María de Petrallo, Manolo do Submarino, Jaime da Rata, Juan Carracedo, Manolo do Canle e José do Ruso, aportaron pezas de naufraxios, obxectos náuticos e obras de arte propias que axudaron a crear este museo.

"O seu conxunto é unha marabilla, só podo recomendar á xente que veña a Camelle, que visite a nosa Casa da Cultura, pois na planta baixa ten o Museo de Man e a partir de agora na segunda, o Museo dos Naufraxios”, sinala.

Inauguración do Museo dos Naufraxios de Camelle
Inauguración do Museo dos Naufraxios de Camelle

 

Roteiro historico por Camelle
Roteiro histórico por Camelle

Antes da inauguración, Patricio Cortizo guiou a unha vintena de persoas polo Roteiro "A pegada da época dos naufraxios no Camelle urbán”.

E despois de ver o Museo, tivo lugar ás portas da Casa da Cultura o conmemorativo polo 125 aniversario da creación da Estación de Salvamento de Camelle e descuberta dunha placa que lembra este feito histórico, ao son da gaita e do tamboril das bravas Rodríguez.

Rematou o día cun Xantar no Rotterdam.

Acto conmemorativo polo 125 aniversario da creación da Estación de Salvamento de Camelle
Acto conmemorativo polo 125 aniversario da creación da Estación de Salvamento de Camelle
As Rodriguez tocando na inauguracion
As Rodriguez tocando na inauguración

Máis accións

Para hoxe sábado, tivo que suspenderse o Roteiro homenaxe a José Baña polo tempo, pero si se desenvolverá ás 12:00h hai unha visita guiada no Museo (que se realizará tamén o domingo), e ás 14:00h un xantar no Refuxio do Náufrago con petiscos de km.0.

Comentarios