Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim

Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim
Fernando Patricio Cortizo guiando o Roteiro maritimo historico por Camelle Fernando Patricio Cortizo guiando o Roteiro maritimo historico por Camelle

Semana completa en Camelle cas Conversas Atlánticas. Unha cita singular, organizada pola asociación Naufraxios Galegos, que pretende recuperar a cruel historia dos nosos cantís e facer outra merecida homenaxe ao moitas veces esquecido José Baña Heim.

Arrincaban as xornadas o pasado martes 11 na Casa do Alemán, presentaba as xornadas Fernando Patricio Cortizo xunto ao concelleiro Juan Carlos Canosa, presentando ademais a guía turística editada en papel sobre o “Roteiro marítimo-histórico por Camelle, homenaxe a José Baña Heim”, coa presencia de Juanjo Sanchez prego.

Juan Carlos Canosa e Fernando Patricio Cortizo Juan Carlos Canosa e Fernando Patricio Cortizo Conversas Atlanticas en Camelle

A sesión deste pasado mércores do Pilar foi moii interesante, pois precisamente coa axuda da guía, e do guía Patricio Cortizo, un grupo de 15 persoas arrincaron, chegando ás 30, cando se fixo a homaxe aos náufragos, a ofrenda floral polo nenos da escola no Campo de Area, monumento adicado a eles no paseo marítimo, homenaxe que quedara adiada do día anterior pola choiva.

Homenaxe aos naufragos dende Camelle Homenaxe aos naufragos dende Camelle Ofrenda floral aos naufragos en Cmaelle Ofrenda floral aos naufragos en Camelle Roteiro Maritimo Historico por Camelle homenaxe a Bana Heim Publicado en papel o Roteiro Marítimo Histórico por Camelle homenaxe a Bana Heim

Un emotivo acto que quixo “honrar a memoria dos fillos desta vila que naceron no mar e das familias que padeceron a súa perda. Nun acto que sirva para lembrar a todos os náufragos da Costa da Morte, especialmente aqueles que ao longo da historia deixaron as súas vidas neste bravo, fértil e maxestoso litoral; otros tiveron a sorte de sobrevivir aos naufraxios ao seren rescatados por mariñeiros camelláns, e unha vez a salvo, en terra, grazas a hospitalidade dos veciños e veciñas desta vila, foron acollidos nas súas casas, e no almacés de salvamento, crubdino as súas necesidades máis perentorias… Para as xentes que fixeron desta terra e deste mar o seu modo de vida, e das que herdamos historia, oficios, costumes e lendas, vaia a nosa máis sinceira e sentida homenaxe”, leron durante a ofrenda.

Remataron o roteiro na Caseta de Man, pois a forte ondaxe impedíu pasear polo dique e que se achegaran á Pedra do Porto, lugar de numerosos naufraxios.

Máis Conversas esta fin de semana

O progama continúa o venres cos relatorios na Casa do Alemán a partires das 19:30 horas, con Esteban Petrallo, David Fernández Abella, para despois facer un roteiro polos bares de Camelle e disfrutar dos pinchos e das fotografías históricas sobre Man que neles se expoñen.

O sábado a cousa arrinca ás 12:15 cun pequeno roteiro creativo para os cativos no Campo da Area. A partir das 19:30h novos relatorios con Álvaro Barros e o organizador Fernando Patricio Cortizo, que presentará o seu libro sobre naufraxios, con remate de cea no Bar A Muralla e concerto de óscar Fojo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios