luns. 02.12.2024
El tiempo

Carlos Bardullas leva o encaixe coa colección Son do Mar aos Premios Galardón Revelación Nacional

Carlos Bardullas leva a coleccion Son do Mar aos Premios Nacionais de
Carlos Bardullas leva a colección Son do Mar camariñán aos premios nacionais
Carlos Bardullas leva o encaixe coa colección Son do Mar aos Premios Galardón Revelación Nacional

O vindeiro sábado 4 de abril o Hotel Arenas de Valencia acollerá a Gala dos Premios Galardón Revelación Nacional. Alí estará o Carlos Bardullas, estilista moi vinculado á Costa da Morte gracias á súa continua presencia na Mostra do Encaixe de Camariñas. De feito, a colección de esculturas capilares que presenta ao certame, “Son do Mar”, xa estivo presente na Mostra 2019. Unha colección que lle “permite expresar o seu amor e admiración pola Costa da Morte, utilizando o cabelo como vehículo de expresión”

Bardullas é finalista nas categorías de “Vanguardia”, “Mellor Estilista” e “Mellor Formador” gracias ao simbolismo das pezas “Brisa do mar”, “Concha”, “Alga” e “Marusía”. Pezas que definen perfectamente o seu “sentimento de pertenza ao mar, ás augas de Camariñas, e réndelle homenaxe mostrando nas súas esculturas desde os seus tesouros máis secretos ata os seus poderes máxicos, que embargan os sentidos con sons de matices infinitos, imaxes de beleza incomparable e sensacións cativadoras que nunca se esquecen”.

Novas relacionadas

Comentarios