Casas Vellas, a eterna historia do desfalco co patrimonio de Galicia
Canto tesouro agochado temos na Costa da Morte… Ver como rozaduras das marxes dos ríos saquen a relucir antigos muíños, dólmenes sen inventariar e ata petroglifos descoñecidos dan conta do que temos e do que nos falta por coñecer.
Algo semellante acontecía nos montes de Camelle, onde tiña un xacemento inventariado pero sen imaxes. Ata o lugar de Lazo para fotografialo Esteban Petrallo, un dos ponentes das Conversas Atlánticas que se desenvolven estes días na vila camellá en homenaxe a José Baña Heim e a todos os náufragos galegos.
O resultado foi interesante pero algo triste, pois se ben os veciños da aldea afirmaban que existían “tres casas vellas de planta circular con antas nas paredes”, a realidade é que a día de hoxe eses 3 dólmenes están tirados, pois algunhas das súas laxas foron usadas para construír casas, cortes, alpendres e cabanzos, un clásico en Galicia. De aí que o catálogo da Xunta sinale que o seu estado de consevación é “moi malo”. "Será por pedras", que diría aquel...
Antas desvalixadas en Casas Vellas-Camelle-Foto-Esteban PetralloMágoa que non sobrevivan en pé estas enormes antes que serviron de agocho tanto na guerra como antes, cando viñan os homes do Norte, como contan as lendas populares.
O xacemento está situado en monte comunal, nun afloramento granítico coñecido como “O Petón dos Carreiriños”, hoxe ocupado por un aereoxenerador do Parque Eólico de Pena Forcada. Precisamente a pista que nos leva dende Lazo (e antes pasando por Xaviña, Brañas Verdes e o Alto das Campeleiras) é o que nos permite a día de hoxe chegar ata alí.
”Ben podían meter un cartel e sinalizar un pouco a zona para informar do que aquí hai e había”, apunta Petrallo. O primeiro, que era fotografíalo lugar, xa está feito.
Dolmen das Casas Vellas en Camelle-Foto-Esteban Petrallo Algo semellante a unha cara parece verse no dolmen de Casas Vellas-Foto-Esteban PetralloNovas relacionadas
- Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim.
- Rozadas que descobren patrimonio.
- O Simposio do Megalitismo reclama máis políticas para coidar o patrimonio.
- Descobren un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar.
- 2015: Os Vikings invaden a Costa da Morte.
- 2013: Descobren un posible petroglifo en Camelle.
Fonte
- Concello de Vimianzo.