Centos de nen@s gozan dos campamentos de verán, claves para a concilianción
Só os pais e as nais (e moitísimos avós…) saben o complicado que se fai a conciliación laboral e familiar nos meses de xullo e agosto (e parte de setembro), cando os nen@s están de vacacións. Menos mal que os concellos da volta e a Deputación están armando campamentos para que os cativos poidan pasar horas matutinas atendidos e os pais e as nais poidan seguir traballando.
Son os casos dos campamentos deportivos da Deputación, que se clausuraron a semana pasada coa presencia de 100 nenos e nenas da bisbarra. Durante a súa estadía no centro Calvo Sotelo da Coruña, os rapaces e as rapazas contaron cun amplo programa de actividades que incluíu dende actividades náuticas, sendeirismo, fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata a visita a lugares de interese como á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e o xardín de San Carlos.
Vimicampamentos
En VImianzo, tamén son case un cento de nenas e nenos os que participan na segunda quenda dos Vimicampamentos 20180727. Durante estes días realizarán actividades relacionadas co patrimonio. As nenas e nenos participantes coñecerán os penedos de Pasarela, o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, terán tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e unha xornada na praia do Ariño, con velada no pavillón de Vimianzo para os máis maiores.
Este ano como novidade organízanse 3 edicións do Vimicampamento, a primeira que discorreu do 9 ao 24 de xullo, a segunda, do 26 de xullo ao 10 de agosto e a terceira, do 16 ao 31 de agosto. Continúan os cursos de mecanografía que se desenvolven no Telecentro até o 31 de agosto.
Campamentos en Camariñas
Xogando a billarda no Campamento de veran de CamariñasSon 145 os rapaces e rapazas nados entre os anos 2014 e 2004, os que están disfrutando dos campamentos de Camariñas. A terceira e cuarta quenda irán dende o día 3 de agosto ata o 31 do mesmo mes. Hai bus de recollida e ademais están facendo saídas en bus a Camelle, Xaviña, Ponte do Porto, para desenvolver actividades deportivas e culturais.
Toda persoa interesada nas futuras quendas, pode tramitar a súa solicitude no Departamento de Deportes do Concello de Camariñas. Para máis información, poden chamar ao teléfono do Concello de Camariñas 981 736 000.