Venres. 29.03.2024
El tiempo

Chegan as Letras Galegas

Chegan as Letras Galegas
letras galegas 2016 manuel maria Se fai uns días coñecíamos o ambicioso programa do Festiletras, agora son xa varios os concellos e outras organizacións os que desvelan as actividades culturais programadas co galo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro 17 de maio e que este ano homenaxea a Manuel María.

Cee

letras cee O departamento de Cultura do concello de Cee vén de dar a coñecer a programación dos vindeiros días na casa da Cultura da vila. As actividades comezan xa o 12 de maio cunha exposición bibliográfica sobre Manuel María e que se poderá visitar ata o día 30. O propio día das Letras Galegas, o 17 de maio, a Banda de Música de Cee ofrecerá un concerto ás 19 horas no auditorio "Baldomero Cores" da casa da Cultura. Ao día seguinte, o 18, terá lugar a entrega de premios dos concursos literarios da biblioteca pública municipal "Francisco Mayán". Os alumnos e alumnas de educación infantil, asistirán o xoves 19 de maio ás 11 horas ao espectáculo "Barriga Verde e o Muíño da Néboa" a cargo de Títeres Cascanueces. E os de primeiro e segundo de primaria verán a obra "Catalina Lino Lina" a cargo de GlupGlup Teatro. Ao día seguinte, o 24 de maio, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria asistirán ao espectáculo de maxia e humor "Entre libros anda a maxia" a cargo de Leo Leíño.

Mazaricos

popin palomero mazaricos Este venres, a casa da Cultura da Picota acolle o espectáculo de "Popín Palomero".  Esta actuación de humor e maxia, que terá lugar ás 11 horas, está dirixida ao alumnado de infantil e primaria dos tres centros educativos de Mazaricos.

Camariñas

Pola súa banda, o concello de Camariñas convoca o "Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2016". No certame poden participar todo alumnado de educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria - ESO - dos centros escolares do municipio, ou se estudian noutro centro de fóra, pero son residentes no concello de Camariñas. Os premiados recibirán bonos de 30 ou 80 euros que poderán gastar en distintos establecementos do municipio. Haberá un total de seis categorías (Infantil; primeiro, segundo e terceiro ciclo de Primaria; e primeiro e segundo ciclo de ESO), nas modalidades de prosa e verso. Os traballos poderán presentarse ata o vindeiro 11 de maio na biblioteca municipal de Camariñas. Os traballos deben de entregarse en dous sobres distintos: nun deles estará o escrito, cun título e firmado con un pseudónimo; e noutro tamén haberá que incluir a solicitude cuberta do participante. O concello editará unha revista coas obras gañadoras do concurso e o 17 de maio está previsto un acto público para a entrega dos premios aos nenos gañadores. O xurado, que estará presidido polo concelleiro de Cultura, Serxio Caamaño, e cinco vogais, valorará a orixinalidade, redacción e presentación das obras. O principal obxectivo do certame é “fomentar a creatividade literaria nos nenos ademais de conmemorar o Día das Letras Galega" asegura Caamaño. O tema dos traballos e a súa extensión serán libres. Todas as obras serán individuais, excepto as dos escolares de educación Infantil, que serán colectivas. Para as categorías de Infantil e primeiro e segundo ciclo de Primaria poderán entregarse manuscritas - con boa letra - e o resto deberán de ser impresas. Todos os escritos deberán de estar en lingua galega. As bases completas poderán consultarse na páxina web do concello de Camariñas.

Fisterra

Letras Galegas en Fisterra O concello de Fisterra organiza unha visita á casa-museo do escritor situada en Outeiro de Rei, Lugo. A excursión será o sábado 14 de maio e os interesados en asistir deben anotarse nas oficinas do concello de Fisterra antes do 6 de maio.  

Que se vexa o galego en Carnota

Que se vexa o galego O programa carnotán irá pensado para as crianzas, e por iso vai enfocado através do programa Apego. O xoves, 12 de maio, ás 17:30 h, terá lugar no salón de actos do Concello A casa encantada de Alí, un obradoiro para contar, cantar e xogar en galego, dirixido a familias con nenos/as de 0 a 6 anos. O músico Luís Prego e Fabaloba únense nesta historia contada e mais cantada, e pintada a través das xanelas dun fantástico Kamishibai. O xoves, 19 de maio, ás 17:30 h, o salón de actos do Concello acollerá o obradoiro Prende no colo, no que as familias con nenos/as de 0 a 3 anos aprenderán xogos de dedos, cantos de berce, cantigas e recitados, con música ao vivo interpretada polos Luís Prego e Samuel Soto. Ambas as actividades son de balde, mais as prazas son limitadas, polo que é preciso realizar unha inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística. O venres 13 de maio a Escola Municipal de Teatro estreará a peza O futuro xa está aquí, protagonizada polas alumnas máis novas do grupo: Mariña, Laura, Ángela e Maia. A función terá lugar no salón de actos do Concello ás 17:00 h e a entrada é de balde. Ademais,os centros educativos do municipio e baixo a dirección desinteresada do artista local Nando Lestón, ao longo do mes de maio o Concello de Carnota realizará na área recreativa de Lombáns un mural reivindicativo do idioma, que conxugará imaxe e palabra. Os peques inmortalizarán palabras senlleiras no mural durante os días 24, 25 e 26 de maio, para reivindicar e visibilizar a lingua galega e a súa riqueza expresiva, así como valorar a contorna e contribuír á humanización e embelecemento dos nosos espazos públicos. Corcubión Con motivo da celebración das letras galegas 2016 o Concello de Corcubion vai realizar unha serie de actividades, en colaboración coa asociación cultural «Universidade Popular», centradas nos máis pequenos, que deben ser os que garantan o futuro da nosa lingua. Letras Galegas en Corcubion  

Carballo

A G que hai en ti-Letras Galegas Carbalo 2016

A campaña ten un oco especial para Manuel María, un autor vinculado a Carballo, tamén a través da súa familia.

O Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, tamén relatou as novidades para o Día das Letras, que mantén o maratón As Letras en voces, pero que engade un concerto cos grupos do disco Son Carballo, que ofrecerán unha sesión vermú no Xardín: Sonseis+, Lowcos, Porta con Porta, Versión Imposible, Surf&Sun, Killer Cats, The Cerne, Dude, Crú e Nanny Mouro. E subliñou a celebración dunha exposición e unha xornada dedicadas ao Traxe Tradicional a iniciativa da AC Argazo de Berdillo.

Todo co obxectivo de resaltar que “as letras galegas son todo o ano” pero cunha programación no mes de maio “que complementa e reforza as citas que se celebran o resto dos meses”, en verbas do Alcalde. Con mención especial para Manuel María, un autor especialmente vinculado a Carballo e con quen houbo e hai un lazo afectivo a través da súa familia; pero tamén “reforzando a identidade presente e futura do idioma, sen centrarnos unicamente na figura do homenaxeado” para que “cada un sexa capaz de atoparse e de atopar o galego”.

 

En Laxe

Letras Galegas 2016 en Laxe Nunha semana haberá dous eventos en Laxe: contacontos, música e baile encherán estes dous días de actividade. Neste mes de maio, coinciden dúas festividades no noso concello. Por un lado a conmemoración do Día das Letras Galegas e, polo outro, a celebración da festa tradicional do Peñón celebrada ao día seguinte do Domingo de Pentecostés. O domingo 15 de maio, en homenaxe ao autor das Letras deste ano, Manual María, haberá un contacontos ao redor da súa vida e obra da man de Soledad Felloza, pensado por e para o público familiar. Ao día seguinte, o luns 16, celebrarán a festa do Peñón na Braña de Soesto e, a partir das 18.30 horas o grupo de música tradicional Vai de Roda, animaranos a festa con pezas tradicionais e bailes.

En Vimianzo

As Asociacións toman o protagonismo neste Días das Letras de Vimianzo, cun acto completísmo o domingo 15 de maio ás 18:00h na Casa da Cultura. Letras Galegas en Vimianzo   Novas relacionadas Fonte Redacción QPC ([email protected])  

Comentarios