Martes. 19.03.2024
El tiempo

A borrasca en imaxes: Santa Comba, Vimianzo e Zas, as vilas de Galicia onde máis choveu

Temporal en Brens
Completamente desbordados caían os ríos de Cee, como o no rego dos Muños de Brens, onde os voluntarios de Prot. Civil traballaron arre-Foto-Juanma Trillo
A borrasca en imaxes: Santa Comba, Vimianzo e Zas, as vilas de Galicia onde máis choveu

Desta volta non lle puxeron nome, pero esta borrasca está deixando un regueiro de desfeitas de norte a sur da Costa da Morte. Non parou de chover practicamente en todo o día, e puxo valores máximos de toda Galicia en materia de precipitacións. Non fallou Santa Comba, onde a estación de Fontecada sempre ocupa postos de “privilexio”, recollendo 110.1 litros por metro cadrado. Preto quedaron as estacións de Coto Muíño (Zas) con 104.5 L/m2 e A Gándara (Vimianzo) con 103.0 L/m2.

En todo caso, e despois de ter activada o Aviso de Alerta laranxa de 0:00h a 18:00h deste mércores 16, parece que borrasca vai marchando cara o sur.

Pero as imaxes falan moito máis claro que as cifras e todas as que nos enviastes ao longo da tarde, trala nosa petición polas redes sociais. Puntos recorrentes como Cee, Laxe, Ponteceso, Muros… obrigaron ás agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, GES e mesmo Bombeiros a mobilizarse por toda a volta. De feito, dende o 112 recoñecen que a comarca é que máis incidencias rexistrou, destacando Muros con un total de 9 incidencias, Cee con 6, seguido de Dumbría, que suma 5.

A parte bonita protagonizouna a fervenza do Ézaro. O encoro de Santa Uxía tivo que abrir as comportas e a fervenza lucíu unha imaxe espectacular todo o día, como vemos nesta foto de Rafa Quintáns.

Fervenza Ezaro en enchenta-Foto-Rafa Quintans

Numerosas incidencias en Cee

Enchentas en Xallas-Cee
Enchentas en Xallas-Cee

Moito choio tiveron os voluntarios de Protección Civil, Policía Local, Bombeiros e mesmo a Birgada municipal. Aos puntos habituais no centro da vila, con ducias de garaxes anegados e sumidoiros desbordados como o de diante de Florentino, sumánse as zonas das parroquias. Os regos de Brens e Xallas desbordáronse por todas partes. A subida de Brens a Buxantes está cortada, e mesmo o atallo que sube polo medio de Busto, castro cara Buxantes tamén esta atrancado por outro derrumbe. Tamén en Berdeogas o río estaba desbordado.

En Lobelos hai leiras anegadas; na pista do Cabado tamén hai un rego atravesando; na pista que vai de Xallas a Cee cara a estrada xeral, onde o Eroski, inundada a tope polo desbordamento do río. Tamén río que pasa por detrás das casas que están en frente da Peugeot, en Vilar de Toba-Cee, desbordado e fincas inundadas. E o parque empresarial tamén quedou con grandes pozas. Poligono de Cee inundado

 

Estradas cortadas en Muxía

Protección Civil e Policía Locai tiveron que realizartraballos de de limpeza de áridos arrastrados pola auga, sinalizacion nalgúns puntos por acumulación de auga nas estradas DP-2303 (km.2); a estrada local en Trasufre; os cortes das estradas DP-3402 que discorre entre os lugares de Caberta e Salgueiros, e a estrada local que da acceso ao lugar de Riotorto. 

Estrada cortada en Muxia-Foto-Prot Civil

Problemas de circulación en Muros e Carnota

Inundada a estrada a Muros

A estrada de Carnota a Muros rexistrou numerosos problemas, sobre todo dende Abelleira ata Muros. O cruce de Sestaio parece unha fervenza, e pegado á praza do Concello, os soportais ficaron absolutamente inundados.

Soportais de Muros completamente inundados

Os problemas de Laxe

Espeluznante o documento que nos pasa Víctor de Mira dende Laxe. Os sumidoiros superados, botando para fóra as perigosísimas toallistas (incomprensible que a xente non se conciencie máis con este asunto) e creando un rego de augas residuais e pluvias pola praia... E por que nos vídeos non se pode apreciar o cheiro...

A estampa de sempre en Vimianzo

A comarca de Soneira volveu se das máis afectadas, e coma sempre a zona do río detrás da capital de Vimianzo, cos sumidoiros tan tremendamente anegados que en moitas casas a auga saía cara fóra dos báteres... Por suposto, as leiras de Salto volveron ficar anegadas. 
 

Problemas en Ponteceso

Durante a quenda de tarde o GES de Ponteceso e a Policía Local interviron xuntos en varios incidentes. Entre eles destacan o colapso da cuberta dun galpón en Tella onde non houbo que lamentar feridos, os danos producidos nun vehículo golpeado por un contedor en Tallo e a caída de árbores nas vías en Cospindo.

Arbore Caida en Cospindo-Ponteceso

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios